viernes, 19 de junio de 2020

E AGORA..... AS PROFES

E AGORA TÓCALLES ÁS PROFES DESPEDIRSE DESTE CURSO TAN ESPECIAL.... ESPERAMOS QUE CHEGUE SETEMBRO PARA QUE O CORREDOR VOLVA  A ENCHERSE DOS VOSOS SORRISOS E VOCES.
  MIRADE:

UNHA GRAN APERTA A TODAS E CADA UNHA DAS FAMILIAS QUE FORMAN O INFANTIL DO AGRO DO MUÍÑO 

BO VERÁN


OS VOSOS SORRISOS E AS VOSAS VOCES FANNOS AXITAR O CORAZÓN

O BO VERÁN  NON SO SE DESEXA CON PALABRAS TAMÉN PODE  SER CON RITMO!!




 E POR SUPOSTO CON UN TOQUE DE DOCE QUE NON DEIXE RASTRO DO AMARGO





BO VERÁN FAMILIA DO AGRO DO MUÍÑO







martes, 16 de junio de 2020

DESPEDIMOS UN CURSO DE PELÍCULA

O VENRES 19 REMATAMOS ESTE CURSO DE PELÍCULA. DISFRUTADE MOITO DO VERÁN.... QUE CANDO CHEGUE SETEMBRO O NOSO COLE ESTARAVOS ESPERANDO.

PERO ANTES, VÓS TEDES QUE ENCARGARVOS DE PECHAR O CURSO E MÁIS ESTE BLOG MANDÁNDONOS FOTOS E VÍDEOS DE DESPEDIDA.

AGARDAMOS POLAS VOSAS  APORTACIÓNS ATA O XOVES 18.

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR

E aquí unha mostra do ben que os nenos e nenas de Agro do Muíño coidan o noso planeta.




lunes, 8 de junio de 2020

DE DADOS E DE EMOCIÓNS!!

Aquí vos deixamos os dados que fixeron estes nenos e nenas tan creativos e creativas!!















E mirade como lles gusta xogar con eles






viernes, 5 de junio de 2020

MEDIO AMBIENTE

Hoxe,  5  de   xuño,  commemoramos   o  Día  Internacional  do  Medio   Ambiente. Debemos  aproveitar  esta  data   para  estimular  o  amor   dos/as  nenos/as  pola  natureza  e  ensinarlles  a   coidar   o  noso  planeta. Propoñémosvos  ver o seguinte conto:  " ¿Qué  le  pasa  al  planeta ?  e  despois  a profe Ana Mirás explicaravos a actividade  proposta.



Animádevos,   o  coidado   do  ambiente  é  responsabilidade  de  todos/as !!!

Para  a  realización  desta   actividade   que  propoñemos ,  tendes  de  prazo  ata  o  xoves 11  de  maio. 

miércoles, 3 de junio de 2020

viernes, 29 de mayo de 2020

EMOCIÓNS DE CINE

Ola familias!
Hoxe propoñémosvos unha nova actividade. O plazo para entrega é ata o 4 de XUÑO
Toda a explicación no video, non perdades detalle!!!


miércoles, 20 de mayo de 2020

CINE NA CASA

Hoxe recomendámosvos neste vídeo unha nova actividade para facer na casa. Tedes de prazo para entregala ata o próximo XOVES 28. 
MIRADE, MIRADE !!

domingo, 17 de mayo de 2020

AS NOSAS LETRAS

Hoxe, se as circunstancias o permitiran, teriamos que estar de celebración. É o Día das Letras Galegas, a festa da nosa lingua e da nosa cultura. Pero na situación actual buscamos outras maneiras de homenaxear a nosa lingua e grazas a participación de numerosas familias recollemos as palabras galegas que máis lles gustan aos nosos nenos e nenas e agora podedes mirar e escoitar con atención o seguinte vídeo, desfrutando de todas e cada unha desas palabras.



E tamén vos deixamos un xogo (un escape room para infantil) sobre as Letras Galegas e o conto adaptado de As pitas baixo a choiva, de  Carvalho Calero. Premede nas seguintes ligazóns:



viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano co fin de concienciar á poboación sobre o papel que ten a familia na educación e a formación dos fillos/as desde as idades temperás, así como aproveitar as oportunidades de aprendizaxe para as distintas etapas das súas vidas.
DISFRUTADE DESTE DÍA!!


miércoles, 6 de mayo de 2020

UN RECURSO INTERESANTE


Aquí tedes un recurso de ACTIVIDADES INTERACTIVAS, que as mestras consideramos  interesante para traballar ao longo deste terceiro trimestre, podedes facelas sen necesidade de imprimilas.
 Premede na imaxe e fixádevos na columna da esquerda onde podedes 
escoller o tema que queirades traballar. 



Agardamos que vos resulten útiles, mirádeas como un recurso a utilizar cando e como queirades.

lunes, 4 de mayo de 2020

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS



Os nenos e nenas ensínannos os seus contos favoritos



E aquí os mellores contacontos!

ALEJANDRA



NEKANE


JULIA



LUCÍA


FLORA


LIDIA E MIRIAM FALANNOS DOS SEUS CONTOS


PABLO E SÚA NAI DELEITANNOS CUNS CONTIÑOS



domingo, 3 de mayo de 2020

NOVA ACTIVIDADE

CHEGA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ... ESTADE ATENTOS AO QUE VOS PROPÓN ANA:


Ademáis os que queirades afondar e saber máis sobre a vida e obra de Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano,  podedes premer na seguinte imaxe onde atoparedes actividades en liña, documentos para imprimir dividido por niveis e outros datos de interese:

viernes, 1 de mayo de 2020

E HOXE...UNHA NOVA ENTREGA DE MAXIA ANTIVIRUS!!

Hoxe a mestra Merce, atopou un superheroe que nos  vai axudar co virus que a mestra María atrapou o outro día.... SUPERXABRÓN!!! Queredes ver como acaba con él....??? Mirade, mirade...


miércoles, 29 de abril de 2020

MAXIA ANTIVIRUS!

Aquí tedes unha forma rápida  e sinxela de "pechar" ao virus! Intentadeo nas vosas casas porque non hai virus que poda con nós!


lunes, 27 de abril de 2020

NOVIDADES!!!


Ola familias, esta semana no noso blog contamos cunha nova páxina  DEBUXAMOS. 





Nela poderedes atopar ideas sobre debuxo e  manualidades que iremos colgando.

Ánimo!!

 UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS

jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe é o  DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, e as mestras queremos celebralo con todos vós cunha pequena sorpresiña.

Queredes saber cal? Pois só tendes que ver os vídeos que aquí vos deixamos.


DESEXAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS FACELO!










jueves, 16 de abril de 2020

O MEU CONTO PREFERIDO

Estimadas familias:

Como ben sabedes cada 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, e ao longo de todo o mes, nos centros adoitabamos facer moitas actividades para incentivar a lectura.
Por iso, animámosvos a participar nesta actividade que consistirá en facer unha foto ou vídeo de cada neno/a co seu conto preferido. Podedes envialos ao correo de aula ou a este blog (agromuinoinf@gmail.com) durante este mes de abril.


Finalizado o prazo, subiremos todas as vosas aportacións ao blog e poderemos descubrir unha nova selección de títulos a partir dos gustos do noso alumnado.

No blog da biblioteca podedes atopar un lote de recursos para acceder a contos de xeito gratuito.

miércoles, 15 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

SAÚDOS DA AULA DE 3 ANOS B.

Pablo saúdanos e mándanos algunhas fotiños das actividades que está a facer na casa.





"OLMA E OFE EN LAINOPIA"

Outra maneira de vivir a corentena: buscar cada un a súa "inopia".
Unha historia para descubrir todas as cousas que se poden facer na casa con poucos materiais e moita imaxinación, convertida nun "diario" entretido e divertido. 

lunes, 13 de abril de 2020

A NOSA XORNADA DIARIA

Miriam e Lidia das aulas de 4 anos, queren compartir con nós, o seu día a día desta corentena.

GRAZAS A ELAS E A SÚA IRMÁN LARA !!


jueves, 9 de abril de 2020

SAÚDOS DE 3 ANOS-A

Os nenos/as da aula de 3 anos A saúdannos dende a súa casa, onde debemos estar!!!







miércoles, 8 de abril de 2020

SEGUIMOS DE CORENTENA

Seguen chegando fotos das variadas actividades que estades facendo cos vosos fillos/as

GRAZAS POR COMPARTIR !!





jueves, 2 de abril de 2020

SAÚDOS


 Os de 5 anos tamén se están animando, xa chegan as primeiras fotos das actividades que están a facer nesta corentena:








 



miércoles, 1 de abril de 2020

E AQUÍ NOS VAN CHEGANDO COUSIÑAS!!!

Estreamos os saúdos "agromuiñantes" con Pablo da aula de 3 anos B.
 GRAZAS PABLO!! por compartir con nós a túa tarefa de "Mestre en cuarentena"

Desexamos que vos guste e... que vos vaides animando os e as demáis!!!

UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS!!!









E AQUÍ UN VIDEO DO BEN QUE O FIXO PABLO!!


martes, 31 de marzo de 2020

TAREFA 1 DO MESTRE EN CORENTENA

Con esta tarefa iníciase a vídeo-historia coa que ir traballando día a día con nosos peques de educación infantil. A través da trama que se inicia neste primeiro capítulo, preténdese que as familias que estades en corentena polo Coronavirus, teñades unha base diaria para poñervos a traballar cos vosos/ as peques, con liberdade absoluta innovando baixo unha formulación aberta, sen deixar de lado o xogo, a manipulación e todo iso ben sustentado no desenvolvemento das capacidades básicas, tamén na corentena.Grazas a Diego Rincon e o seu mestre en corentena

lunes, 30 de marzo de 2020

E NESTES MOMENTOS... COMO LLE AXUDAMOS AOS NOSOS NENOS E NENAS?


Ola de novo familias. 

A situación que todos estamos a vivir non é sinxela de xestionar a nivel emocional, nin para nós como adultos nin para os nosos pequenos e pequenas. Por iso dende o equipo de infantil consideramos que podería resultar de interese esta información de Álvaro Bilbao, neuropsicólogo e escritor de libros como "El cerebro de los niños explicado a los padres", que se recolle no seguinte video.   COMO CUIDAR LA SALUD MENTAL DE LOS NIÑOS

Desexamos que vos sirva de axuda!!

Recordade que un día máis é un día menos. ÁNIMO!!!

domingo, 29 de marzo de 2020

SAÚDOS DE CUARENTENA

Ola familias!

Como os nen@s levan un tempo sen verse e seguro que botan de menos aos seus compis, se queredes, de forma voluntaria, podedes subir ao blog vídeos onde os nen@s saúden, conten o que están facendo nestes días aos demais, ... para que así leven mellor a espera e pensamos que lles pode  facer moita ilusión. 

Así que 3,2, 1... ACCIÓN!   Ánimo e a rodar!


Poderes enviar os vídeos ao correo da vosa aula ou a agromuinoinf@gmail.com e nós subirémolos a este blog. 


REVISADE TAMÉN AS PESTAÑAS DO ENCABEZAMENTO DO BLOG ONDE FOMOS SUBINDO NOVOS RECURSOS E ACTIVIDADES.

sábado, 21 de marzo de 2020

REABRIMOS O BLOG

Estimadas familias:

   Despois desta primeira semana de confinamento por mor do COVID-19, retomamos a actividade deste blog de infantil coa finalidade de poñer ao alcance todas as familias un banco de recursos para facilitarvos o día a día cos vosos/as fillos/as  e que ademais favorecerán a continuidade das rutinas nestes días excepcionais. Nos vindeiros días iremos publicando máis recursos, así que.......  estade atentos!

   Estas recomendacións xerais deben ser entendidas como actividades voluntarias. 
  • Estimulación de hábitos que melloren a súa autonomía persoal en canto a hixiene (lavar as mans, cepillar os dentes,...), vestido (vestirse só, ordenar a roupa,...) e comida (comer sós, alimentación saudable,...)
  • Colaboración naquelas tarefas domésticas que son axeitadas á súa idade (recoller xoguetes, poñer a mesa, varrer ou limpar, facer receitas de cociña sinxelas, colaborar na elaboración da lista da compra, ....)
  • Xogos en familia: cantar, bailar, xogos de mesa (parchís, oca, dominó, xogos de memoria, quen é quen?, ....), facer figuras con origami, facer experimentos, contar chistes e adiviñas, teatro, xogo do tesouro, crebacabezas, construccións,.. Para atopar recursos en galego podedes utilizar orellapendella  e tamén XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS PARA TEMPO DE RECOLLIDA
                                                                        
Outras actividades que podedes levar a cabo son:
  • Creación de xoguetes con materiais de reciclaxe: tambor, tres en raia, slime, etc
  • Decoración de camisetas con debuxos orixinais.
  • Elaboración de figuras con plastilina.
  • Sesións de contacontos.
  • Facer exercicio físico: saltar, estirar, dar volteretas, subir e baixar escaleiras,....
  • Ver unha película en familia e logo falar sobre ela, facer un debuxo,....
  • Aproveitamento das novas tecnoloxías (sempre con moderación):                                                         O buho Boo (xogos educativos para bebés e infantil)                                                            Cristic  Xogos educativos online para infantil e primaria                                                   Xogos infantiles PUM! (online e gratis)                                                                                  Bee-Bot Emulador. Terapin Logo.                                                                        Cokitos.
  • Televisión: Clan lanza Educlan 3 a 5 anos, onde podedes atopar videos sobre as principais áreas curriculares, webs, apps e televisións conectadas.
  • Aulas Galegas páxina creada por profesorado (por mor da situación de aillamento)  para atopar recursos e materiais educativos en galego.

   Debemos lembrar que o noso alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando unha situación de estrés transitoria, polo tanto, debemos permitirlles facer as cousas cun ritmo persoal e tranquilo.
   Desexamos que pasedes estes duros momentos da mellor maneira posible e que poidamos volver axiña á normalidade. Coidádevos moito e xa sabedes : 
QUEDADE NA CASA