jueves, 30 de junio de 2016

O 22 DE XUÑO TIVO COMO BROCHE FINAL DESTA VIAXE POLO UNIVERSO, UN GRAN FESTIVAL ASTRONÓMICO, GALÁCTICO E EXTRATERRESTRE!!!
OS NOSOS PEQUENOS BAILARON, CANTARON E RECITARON COMO GRANDES ESTRELAS QUE SON. E POIDEMOS VER COMO OS COMPAÑEIROS DE PRIMARIA ESCENIFICABAN CON GRAN ÉXITO, OS SEUS NÚMEROS MUSICAIS E TEATRAIS,.....



E  LOGO DE REMATADA A FUNCIÓN
ATA SETEMBRO BAIXAMOS O TELÓN....
E QUE A NOSA GRAN ESTRELA SOLAR
NOS ACOMPAÑE TODO O VERÁN.....

jueves, 16 de junio de 2016

FALADOIROS

Xa rematando o curso escolar 2015-16 temos que dicir que xa somos un pouco especialistas no mundo do universo. Creemos que foi este un tema realmente atractivo para os noso alumnado no que aparte de aprender nos divertimos moito. Como profes queriamos unha vez máis darvos as grazas pola vosa colaboración, esto non sería igual sen a vosa axuda, especialmente a todas as familias que pasastes polos FALADOIROS DO MUÍÑO. Este ano fostes moitos os que quixestes compartir un anaco do voso tempo. Aínda nestes días tivemos unha visita inesperada e distinta, foi a dunha familia que está recorrendo o mundo nunha caravana, buscando ideas e persoas que están transformando o planeta, e pasaron por aquí para coñecernos e contarnos a súa experiencia. Os nenos e nenas de 4 anos asistiron a dita exposición e todos xuntos foron ver a caravana aparcada na entrada do noso centro.
Moitas grazas a Martín, Ana, Mateo e Gemma e aquí vos queda unha ligazón para coñecer máis polo miúdo a súa aventura: road4world

lunes, 13 de junio de 2016

VISITAMOS A CASA DE ROSALÍA EN TREN

OS DE 4 ANOS TAMÉN FIXEMOS  A NOSA VIAXE CULTURAL E FOMOS VISITAR A CASA DA NOSA POETA MÁIS RELEVANTE. FIXÉMOLO EN TREN E FOI UNHA EXPERIENCIA ÚNICA XA QUE PARA  MOITOS DE NÓS ERA A PRIMEIRA VEZ QUE IAMOS NEL, E O CERTO E QUE SOUBO A POUCO, CANDO NOS DEMOS CONTA XA TIVEMOS QUE BAIXAR,..... 
PERO EN PADRÓN ESPERÁBANOS A CASA MUSEO DE ROSALÍA , E  DESPOIS DE MERENDAR, XOGAR POLO SEU PRECIOSO XARDÍN, VER UN PEQUENO VÍDEO DA SÚA VIDA E OBRA POIDEMOS ENTRAR E VER AS DIFERENCIAS E SEMELLANZAS QUE HAI COAS NOSAS CASAS, OBSERVAR AS SÚAS ROUPAS, A COCIÑA E MESMO O PIANO OU A CAMA.  
FOI UN DÍA INESQUECIBLE!!!

jueves, 9 de junio de 2016

VISITA Á FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

NESTE ANO 2016 CELÉBRASE O CENTENARIO DO NACEMENTO DE CAMILO JOSÉ CELA Y TRULOCK (11-05-1916) E DENDE A FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CAMILO JOSÉ CELA, INVITÁRONNOS A PARTICIPAR NA ACTIVIDADE "QUEN VIVE A CARÓN DA VÍA DO TREN?". 
COMO CULMINACIÓN Á ACTIVIDADE O ALUMNADO DE 5 ANOS, O DÍA 31 DE MAIO, REALIZOU UNHA VISITA Á FUNDACIÓN PARA COÑECER MÁIS COUSAS DA VIDA E OBRA DO NOSO PREMIO NOBEL.

martes, 7 de junio de 2016

TEATRO

O PASADO 27 DE MAIO O ALUMNADO DE 5 ANOS  ASISTÍU NA CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS AO ESPECTÁCULO MUSICAL "CANTA O CUCO" DE UXÍA E MAGÍN BLANCO ADICADO A MANUEL MARÍA, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

FOI CHULÍSIMO!!!!

lunes, 6 de junio de 2016

ANIVERSARIOS DE MAIO


  • 3 ANOS A: MATEO E CARLOTA
  • 4 ANOS A:   IRENE E MANUEL

  • 4 ANOS B: ELSA, MATEO, IRIA OLMOS E ANXO SENDÓN

  • 5 ANOS A: YIMING

  • 5 ANOS B: NOÉ, ALEXANDRA E ENMA


PARABÉNS !!!!

martes, 24 de mayo de 2016

SEMENTANDO POEMAS

   Seguindo coa conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  o día 18 todo o centro saíu por diversos lugares a "SEMENTAR POEMAS". Actividade proposta polo concello e na que participaron os distintos colexios de Ames.
   Os nenos e nenas de 3 anos colgaron os seus dous poemas nas árbores do parque da urbanización cercana ao colexio. Os de 4 anos foron deixar os seus poemas á carballeira de Ortoño e os de 5 ao lavadoiro.
   Así fomos sementando o noso concello cos poemas do Arco da vella, do sol, a lúa, o foguete, o cuco, o vento,......

domingo, 22 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano sentímonos máis que nunca identificados co autor ao que se lle dedica o día das LETRAS GALEGAS. Seguro que non hai aula de infantil que non teña como un dos seus libros de traballo "Os soños na gaiola", os nosos rapaces empezan a recoñecer os primeiros versos na aula da man dos poemas de MANUEL MARÍA, que foi o autor dalgunhas das obras máis populares da segunda metade do SXX e sobre todo unha persoa comprometida coa lingua, que cultivou a narrativa, o teatro, o ensaio  e a prosa xornalista, así como desenvolveu unha gran loita activista e cultural.
Así o día 16, un ano máis no ximnasio do cole, celebrouse o Día das Letras Galegas. Todas as aulas recitaron as súas poesías, cantamos as distintas cancións preparadas na aula de música, escoitamos unha escolma da súa vida e os nenos de 4º representaron unha obra de teatro sobre o sistema solar que estivo FENOMENAL!!.






 "GALIZA SOMOS NÓS
 A XENTE E MÁIS A FALA
¡SI BUSCAS A GALIZA 
EN TI TES QUE ATOPALA!"
                         Manuel María


Agora podedes ver a canción coa que pechamos a celebración este día:

viernes, 13 de mayo de 2016

ABRIL

Abril foi un mes onde se xuntaron distintas conmemoracións que quedaron reflexadas a modo de exposición no corredor principal  do colexio. 
Pero imos por partes ......empezando polo mes do libro , onde tivemos como protagonista principal "O PRINCIPIÑO". Todas as aulas do centro traballaron dito libro, recomendado, este ano, polo noso proxecto. 

En 3 anos fixemos un gran libro sobre o Principiño, e tamén un
crebacabezas xigante.

En 4 anos falaron e traballárono pero centráronse noutro titulado: "LOS VESTIDOS DE MAMÁ", onde todas as mamás quedaron maravillosas, grazas a ese taller de corte e confección que fixeron os rapaces e titoras deste curso.

 En 5 anos ademáis de traballalo na clase, na casa tamén fixestes un gran libro viaxeiro, das aventuras do noso amigo que quedaron fenomenal.





Na entrada quedaron expostos os nosos proxectos sobre  UNIVERSO, todos este ano fomos pequenos astrónomos que investigamos sobre este mundo e aprendemos numerosas cousas sobre o noso sistema solar.







Tivemos  a oportunidade, na segunda quincena, de contemplar dez grandes carteis sobre a vida  das MULLERES ASTRÓNOMAS máis relevantes da historia, coa colaboración dunha delas: JOSEFINA LING,  á cal lle estamos moi agradecidos por acompañarnos a visitar dita exposición o día que veu dar unha conferencia para o alumnado de 5º e 6º de primaria.



Como vedes pasou o mes de abril con moitas e variadas actividades.