jueves, 16 de abril de 2020

O MEU CONTO PREFERIDO

Estimadas familias:

Como ben sabedes cada 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, e ao longo de todo o mes, nos centros adoitabamos facer moitas actividades para incentivar a lectura.
Por iso, animámosvos a participar nesta actividade que consistirá en facer unha foto ou vídeo de cada neno/a co seu conto preferido. Podedes envialos ao correo de aula ou a este blog (agromuinoinf@gmail.com) durante este mes de abril.


Finalizado o prazo, subiremos todas as vosas aportacións ao blog e poderemos descubrir unha nova selección de títulos a partir dos gustos do noso alumnado.

No blog da biblioteca podedes atopar un lote de recursos para acceder a contos de xeito gratuito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario