MOVEMENTO



QUE TAL UNHAS CARREIRAS

DE VASOS DE AUGA??


Se algo gusta aos nenos no verán é xogar coa auga. Pódense organizar carreiras de vasos de auga na que o propósito é chegar o primeiro á meta sen derramar a auga.  
TIRO AO PRATO
A mecánica non pode ser máis sinxela, gañará o que máis puntos consiga nun total de dez tiradas. Para facer este xogo ao aire libre necesitas uns pratos de plástico nos que pegar a puntuación (de 1 a 5 puntos) e unhas bolsas de tea cun peso dentro. Gaña o que máis puntos consiga

ZAPATILLA POR DETRÁS TRIS TRAS
Os nenos póñense en círculo e sentan no chan. Un será o que teña a zapatilla e manterase de pé. O resto pechan os ollos e cantará a canción, co fin de non oír nin ver onde vai deixar o seu amigo a zapatilla. Cando terminen de cantar a canción, todos mirarán ás súas costas en busca da zapatilla. O que a teña terá que levantarse e ir pillar ao que a deixou aí. Se lle colle, poderá volver ao seu sitio. Pero se o que deixou a zapatilla chega ao sitio do seu perseguidor, salvarase.

 Lembrades a canción?
Á zapatilla por detrás, tris tras.
 Nin a ves nin a verás, tris tras.
Mirade para arriba que caen xudías.
Mirade para abaixo que caen garavanzos.
A durmir, a durmir, que veñen os Reis Magos.





LANZA OS DADOS E MÓVETE






MINIDISCO RAMSAMSAM


“PAQUITO O PALLASO”
UN CONTO PARA XOGAR CO CORPO

 Ola! Chámome Paquito e son un pallaso. O que máis me gusta é facer rir á xente. Vós sabedes facelo? É moi fácil, tedes que facer cousas graciosas por exemplo; facer que caedes, que vos chocades (facer estas dúas accións e outras que cren os alumnos)... e así a xente ri e ri sen parar.
 Os pallasos tamén facemos moitos xestos coa cara xa que imitamos varios sentimentos... Por exemplo se estamos moi contentos rimos a gargalladas (imitar unha gargallada ben potente), outras veces fago que estou triste (poñer cara triste e chorar), tamén fago burla (facer vibrar a lingua), e outras situacións teño frío (tiritar).
 Chegou a hora de prepararme para a actuación. Axudádesme a vestirme? Primeiro téñome que poñer os pantalóns moi, moi grandes (facer o xesto cos brazos de pantalóns moi amplos). Metemos primeiro unha perna con coidado e despois a outra (facer que nos poñemos o pantalón). A continuación poñémonos a camisa de cores cunha paxarela enorme (tiramos dos dous lados da paxarela). Como podedes observar toda a miña roupa é moi grande, para parecer máis gracioso. Queda o máis difícil, poñernos os zapatos e coidado ao andar (colocámonos os zapatos)
 Por último, pintámonos a cara. Facémonos dous círculos nos ollos, un en cada (facemos que nos pintamos). O nariz nola coloreamos de vermello e a boca pintámola ao redor.
  E para terminar poñémonos a perruca e o bombín.

 Oídes? Xa nos toca saír a actuar. Con todo vostedes Paquito o Pallaso!


XOGO: O SEMÁFORO
Colocación: de pé xunto a unha mesa.
Material: tarxetas de cor (vermello, verde e  amarelo .)
Instrucións:  un membro da familia  amosa unha das tarxetas e os  participantes  realizan as  ordes  correspondentes.
Tarxeta verde: camiña libremente polo espazo.
Tarxeta vermella: queda parado.
Tarxeta  amarela: dá un paso adiante e un paso atrás.




 PESCAMOS PELOTAS COS PÉS?

Se tedes na casa dúas bañeiras (caldeiros …) e varias pelotas pequenas, podedes facer este divertido xogo: metemos todas as pelotas nunha  bañeira  con auga e poñemos ao seu lado a outra bañeira valeira. Teremos que coller cada unha das pelotas cos pés e ilas pasandoá bañeira  baleira.  Tamen o podedes facer sen auga,eso dependerá de cada familia.  



 


O TESOURO ESCONDIDO

Material: Un obxecto para esconder
Desenvolvemento: Esconderase un cofre que contén un tesouro (unha caixa de zapatos forrada de papel brillante servirá perfectamente. Ademais de moedas falsas de ouro, tamén pode introducir no interior do cofre do tesouro bolsitas de caramelos ou pequenos xoguetes), os nenos e nenas recibirán diferentes indicacións baseadas soamente nos termos “preto de…” e “lonxe de…” que os axudarán a atopalo.

O MUNDO AO REVÉS

Os nenos móvense libremente polo espazo sinalado, entón indicaráselles unha consigna calquera: tocámonos as pernas!, os nenos terán que facer calquera cousa que se lles ocorra menos tocarse as pernas. Vanse dando diversas ordes e os nenos nunca as realizarán, inventarán outra.
 
 APETÉCEVOS BOTAR UNHA CARREIRA?
 

Material: Unha culler,  ovo cocido ou bóla de papel de alumnio..

Desenvolvemento: Consiste en que cada xogador terá que correr cunha culler na man, coa que transportaremos un ovo cocido ou, na súa falta, unha bóla de papel de aluminio reciclado. Os participantes saen desde a liña de saída e corren o máis rápido posible tentando que o ovo non se lles caia. 


XOGAMOS CON GLOBOS??

Mantelo no aire, con diferentes partes do corpo, golpeándoo solo cunha man, solo coa cabeza, facer un percorrido por todas as estancias da casa sen que caia ao chan,....
Xogar a pases con outro menbro da familia


IMITAMOS ANIMAIS?

Un xogo de imitación, a ver quen o fai mellor, pode constituír un bo modo de traballar a  motricidade  grosa cos nenos . Trátase de copiar os movementos dalgúns animais.
Anima aos teus fillos a que se convertan nunha pequena  oruga. Terá que tombarse no chan e, co apoio de brazos e pernas, facer forza para elevar o peito mentres avanza. Outro animal que tamén poden imitar é o gorila. Teñen que camiñar en crequenas mentres se golpean o peito coas mans. Un bo exercicio para, ademais, traballar o equilibrio. Unha terceira idea que che traemos é camiñar como un canguro, con pequenos  saltiños.

A VER CANTOS ANIMAIS SODES CAPACES DE IMITAR!!





XOGAMOS AOS BIRLOS?

COMO SE XOGA?
O número de birlos que se deben derrubar, vai dende os cinco como mínimo, ata os dezaoito como máximo. A distribución dos birlos pode formar diversos debuxos: unha liña, un círculo, unha cruz, un rombo, un triángulo…. Tanto o número de birlos, como a colocación e situación destes, depende exclusivamente da orixinalidade e o parecer onde se realice o xogo.
Pódese xogar por parellas ou por equipos. O lanzamento faise a pé parado, sen dar carreira. Tírase a bola 3 veces, cada birlo abatido puntúa 3 puntos que serán sumados nas 3 rondas. Gaña quen consiga chegar a 150 puntos.
 Con este xogo popular os nenos traballan os brazos e as pernas no lanzamento. Ademais, aprenden a coordinar os movementos coa intención de tirar o maior número de birlos posibles. Podes crear os teus propios birlos caseiros con botellas de plástico, así pesarán menos, aínda que podemos complicalo poñendo no seu lugar botellas con recheas de legumes  para que teñan que esforzarse máis.



ZUMBA KIDS - Electronic Song - Minions
MARATÓN DE ACTIVIDADES:




IOGA PARA NENOS:



No hay comentarios:

Publicar un comentario