ENGLISH CORNER

18/06/2020


Hello!

Hoxe facemos a última publicación do English Corner deste curso 2019-2020. Con ela despedímonos pero tamén lle damos a benvida ao verán e ás vacacións. Desfrutade moito.




                                            See you soon!


_________________________________________________




11/06/2020


Hello everybody!

Hoxe deixamos atrás as froitas para dar paso a un novo tema: Exotic animals (animais exóticos). Neste primeiro enlace aparecen seis imaxes nas que deberán premer para escoitar o nome do animal e logo repetilo. Poden facelo tantas veces como queiran.





A continuación tedes dous xogos. No primeiro deberán premer na icona do volume e logo na imaxe do animal que acaban de escoitar. No segundo hai que premer na icona de reproducir e logo ir seleccionando os animais na orde que escoitan. Pódese parar a reprodución para adecuala ao ritmo de cada neno/a.




                                                                     Have fun!

________________________________________________



04/06/2020


Hello again!

Seguimos avanzando coas froitas e nesta entrada ampliaremos o vocabulario aprendendo tres novas: grapes (uvas), watermelon (sandía) e strawberries (amorodos).

No seguinte vídeo faise unha presentación do vocabulario (aparecen froitas vistas na publicación anterior e tamén novas). Deberán repetir o nome despois de escoitalo.






A continuación escoitarán o conto I want to be a prince (Quero ser un príncipe) onde Daisy e Robin recollen froitas axudados por un dragón para despois comelas.




Para rematar, premendo no seguinte enlace xogarán a un xogo onde tentarán adiviñar a froita que se está a debuxar antes de que remate o tempo. Entre as froitas que se debuxan hai dúas que non vimos: pineapple (piña) e star fruit (carambola) pero poden adiviñalas igualmente se as coñecen e repetir o seu nome en inglés despois de escoitalo. 






                                               Enjoy!

_________________________________



28/05/2020


Hello!

Esta entrada de hoxe adicarémola a un novo tema: The Fruits (as froitas). No seguinte enlace poderán escoitar o nome de seis froitas en inglés premendo na imaxe. Logo de escoitar o nome deberán repetilo. Poden facelo tantas veces como queiran.





Despois escoitarán o conto Cherries (Cereixas) onde aparecen as froitas anteriores. 



Para rematar déixovos un enlace con cinco xogos sobre as froitas. 
No primeiro terán que unir a imaxe coa súa figura.
No segundo escoitarán os nomes das froitas, despois hai que premer en "Play game" e logo "Start" e terán un minuto e tres vidas para atopar as froitas que escoitan.
No terceiro, logo de premer en "Start" deberán facer que o mono avance seleccionando a froita que escoiten.
No cuarto terán que atopar as seis parellas logo de premer en "Start".
No quinto teñen que facer os crebacabezas.






                                                                  Have fun!

_______________________________________________



20/05/2020



Hello everybody!

Esta semana seguimos avanzando na temática do tempo e tócalle ás catro estacións (The four seasons). Neste primeiro vídeo van aprender o seu nome en inglés: spring (primavera), summer (verán), autumn (outono), winter (inverno), logo da presentación deberán repetir o nome de cada unha delas despois de escoitar "repeat after me".



A continuación escoitarán a canción das estacións. Os/As que se atrevan poden adiviñar a estación de cada unha das imaxes que aparecen logo de que Zach e Reggie pregunten "Can you tell me what season it is?" (Podes dicirme que estación é?) 



E para rematar escoitarán un conto sobre o tempo que lles servirá para recordar o vocabulario que viron na publicación anterior.






                                                                     Enjoy!
_________________________________





14/05/2020


Hello again!

Esta entrada de hoxe empregarémola para traballar a temática do tempo (the weather). Neste primeiro vídeo faise unha presentación do vocabulario. Logo da presentación escoitarán "repeat after me" e terán que repetir o que escoitan (sunny, cloudy, rainy, stormy, snowy, windy).




Despois escoitarán a canción How´s the weather? (Que tempo fai?). O/A que se atreva pode contestar It's sunny/rainy/cloudy... (Fai sol, chove, hai nubes...) dependendo da imaxe que vexa.



Por último déixovos dúas actividades interactivas, a primeira é máis sinxela (para os nenos/as das clases de 3 anos) onde hai que premer na icona para escoitar o tempo e logo unir co debuxo correspondente. A segunda é algo máis complexa, deberán premer na icona para escoitar o tempo e premer na imaxe adecuada. Ao rematar calquera das dúas podedes comprobar se o fixeron ben ou hai erros. O/A que queira pode facer as dúas actividades.




                                                                      See you!


___________________________________________




07/05/2020

Hi!

Seguimos avanzando coa familia. No seguinte vídeo repasaremos os membros que aparecían na anterior publicación e veremos dous membros novos: avó (grandpa) e avoa (grandma). Deberán repetir os nomes despois de escoitalos.



A continuación tedes un enlace a unha ficha interactiva onde deberán premer na icona do volume e logo marcar o membro da familia que escoitaron. Ao rematar podedes premer en "Terminado" e logo en "Comprobar mis respuestas" para ver se está ben feita ou hai erros.



Para rematar escoitarán e bailarán a canción "Baby Shark" onde aparecen todos os membros da familia que vimos representados a través das mans dos nenos.




                                                                  Have fun!
_______________________________________________



  

 30/04/2020

Hello again!


Con esta publicación de hoxe deixamos a temática do corpo e pasamos á dos membros da familia.

A continuación tedes un enlace (Duck Family) que vos levará a catro cartas dunha familia de parrulos. En cada imaxe a frecha sinala un membro da familia distinto (irmán, papá, mamá, irmá). Ao pulsar nela escoitarán o membro da familia correspondente e deberán repetir en voz alta despois. Poden pulsar as veces que queiran e na orde que prefiran.




Continuaremos con dous xogos nos que seguirán practicando vocabulario. No primeiro, logo de premer na imaxe de son deberán elixir a carta correcta fixándose ben a quen sinala a frecha.
No segundo xogo deben premer na icona de reproducir e tocar a carta que escoitan para poñelas en orde. O/A que sexa capaz pode facelo todo deseguido, vai bastante rápido polo que se pode ir parando a reprodución ao ritmo de cada neno/a.







Remataremos co conto I want to be a hedgehog (Quero ser un ourizo) onde Daisy e Robin axudarán a un bebé ourizo a atopar a súa nai mentres van coñecendo ao resto dos membros da familia. Poden escoitalo premendo no seguinte enlace.




                                                            See you soon!

_______________________________________________





    23/04/2020

Hello everybody!


Aproveitando que hoxe é o Día do Libro imos empregar dous contos que nos axudarán a seguir afianzando o vocabulario do corpo. 

O primeiro titúlase "Go away big green monster (Fóra de aquí horrible monstro verde)". Comeza cos dous ollos grandes e amarelos do monstro quen, páxina tras páxina, vai completando a súa cara. Ao dicirlle que non nos asusta o monstro comezará a desaparecer e non poderá volver a non ser que nós llo pidamos.



Logo da escoita e visualización do conto poden completar a actividade debuxando o monstro seguindo os pasos do seguinte vídeo. Se o prefiren poden debuxar o seu propio monstro ou mesmo empregar outros materiais (plastilina, rolo de cartón do papel hixiénico...)



O segundo conto titúlase "From head to toe (Da cabeza aos pés)".  Mentres o escoitan irán movendo o corpo imitando os movementos do distintos animais logo da pregunta: Can you do it? (podes facelo?).



                                                                              Enjoy!

_______________________________________________



16/04/2020

Hello again!


Seguimos avanzando e esta vez tócalle ás partes do corpo. 

Comezamos cunha canción onde escoitarán e sinalarán as partes da cara. O/A que se atreva pode ir cantando tamén. Coidado porque cada vez vai máis rápido!

                                    


Co seguinte vídeo repasarán, ademáis, outras partes do corpo como a cabeza, os ombreiros, xeonllos e dedos do pé. Terán que bailar e cantar. A segunda vez deberán ir tocando as partes que Matt lles manda. Despois a canción irá máis rápido e rematará amodiño.

                                      


E con este último vídeo poderán, ademáis de repasar, ampliar vocabulario (dedo, queixo, brazo, perna e pé). Imitarán o baile e repetirán en alto a parte do corpo que escoiten.
                                       

                                                                         See you!
_________________________________________________



03/04/2020

Hi!

Con esta entrada de hoxe deixamos os números para comezar co repaso das cores.
Neste primeiro vídeo aparecen nubes de distintas cores e os nenos/as terán que repetir a cor despois de escoitala. Os/as que se atrevan poden dicila antes e logo repetila.


Agora tedes unha canción coa que deberán ir realizando as distintas accións tal e como mostra Matt (axitar os brazos, pisar forte, aplaudir, menear o corpo, tocar a guitarra, dar voltas e saltar). A segunda vez irá máis rápido.


E por último déixovos un conto que se titula Pete the cat onde o gato Pete leva postos uns zapatos brancos que lle gustan moito e vai cantando pola rúa: I love my white shoes... (encántanme os meus zapatos brancos...) pero mentres vai andando vanse ensuciando e cambiando de cor. No canto de poñerse triste Pete non chora senón que sempre segue adiante da mellor das maneiras: cantando!


                                                                    See you soon!
                                                                                                         



30/03/2020

Hello again! 


Seguimos repasando números esta vez cun conto no que deberán ir contando en inglés as cousas que van aparecendo e logo repetirán despois de escoitar a resposta (por exemplo: one apple).



A continuación tedes un xogo onde deben ir bailando e dicindo o número que se indica mentres moven os dedos igual que na imaxe. Cando escoiten "freeze" (conxelados) deberán quedar como estatuas ata que escoiten o seguinte número.


Para rematar déixovos a canción coa que repasamos os días da semana (4 e 5 anos). Despois de dicilos teñen que ir  repetindo en voz baixa, logo moi alto, despois aplaudindo, pisando moi forte e por último de maneira orgullosa, xa eles/as saben.


                                                                          Have fun!
                                                                                                            



23/03/2020

Hello everyone!

 

Aquí atoparedes recursos e actividades en inglés para que os nenos/as continúen aprendendo de maneira significativa e desenvolvendo o gusto polo idioma.


Hoxe comezamos cos números, no primeiro enlace poderán repetilos e no segundo e terceiro cantalos.





                                                                                                              See you!
                                                                                                            

No hay comentarios:

Publicar un comentario