miércoles, 29 de abril de 2020

MAXIA ANTIVIRUS!

Aquí tedes unha forma rápida  e sinxela de "pechar" ao virus! Intentadeo nas vosas casas porque non hai virus que poda con nós!


lunes, 27 de abril de 2020

NOVIDADES!!!


Ola familias, esta semana no noso blog contamos cunha nova páxina  DEBUXAMOS. 





Nela poderedes atopar ideas sobre debuxo e  manualidades que iremos colgando.

Ánimo!!

 UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS

jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe é o  DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, e as mestras queremos celebralo con todos vós cunha pequena sorpresiña.

Queredes saber cal? Pois só tendes que ver os vídeos que aquí vos deixamos.


DESEXAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS FACELO!










jueves, 16 de abril de 2020

O MEU CONTO PREFERIDO

Estimadas familias:

Como ben sabedes cada 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, e ao longo de todo o mes, nos centros adoitabamos facer moitas actividades para incentivar a lectura.
Por iso, animámosvos a participar nesta actividade que consistirá en facer unha foto ou vídeo de cada neno/a co seu conto preferido. Podedes envialos ao correo de aula ou a este blog (agromuinoinf@gmail.com) durante este mes de abril.


Finalizado o prazo, subiremos todas as vosas aportacións ao blog e poderemos descubrir unha nova selección de títulos a partir dos gustos do noso alumnado.

No blog da biblioteca podedes atopar un lote de recursos para acceder a contos de xeito gratuito.

miércoles, 15 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

SAÚDOS DA AULA DE 3 ANOS B.

Pablo saúdanos e mándanos algunhas fotiños das actividades que está a facer na casa.





"OLMA E OFE EN LAINOPIA"

Outra maneira de vivir a corentena: buscar cada un a súa "inopia".
Unha historia para descubrir todas as cousas que se poden facer na casa con poucos materiais e moita imaxinación, convertida nun "diario" entretido e divertido. 

lunes, 13 de abril de 2020

A NOSA XORNADA DIARIA

Miriam e Lidia das aulas de 4 anos, queren compartir con nós, o seu día a día desta corentena.

GRAZAS A ELAS E A SÚA IRMÁN LARA !!


jueves, 9 de abril de 2020

SAÚDOS DE 3 ANOS-A

Os nenos/as da aula de 3 anos A saúdannos dende a súa casa, onde debemos estar!!!







miércoles, 8 de abril de 2020

SEGUIMOS DE CORENTENA

Seguen chegando fotos das variadas actividades que estades facendo cos vosos fillos/as

GRAZAS POR COMPARTIR !!





jueves, 2 de abril de 2020

SAÚDOS


 Os de 5 anos tamén se están animando, xa chegan as primeiras fotos das actividades que están a facer nesta corentena:








 



miércoles, 1 de abril de 2020

E AQUÍ NOS VAN CHEGANDO COUSIÑAS!!!

Estreamos os saúdos "agromuiñantes" con Pablo da aula de 3 anos B.
 GRAZAS PABLO!! por compartir con nós a túa tarefa de "Mestre en cuarentena"

Desexamos que vos guste e... que vos vaides animando os e as demáis!!!

UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS!!!









E AQUÍ UN VIDEO DO BEN QUE O FIXO PABLO!!