TRABALLAMOS A LINGUAXE
Mestra de Audición e Linguaxe (Laura) 25/05/2020
Para esta semana propóñovos as seguintes actividades:
Para esta semana propóñovos as seguintes actividades:
Actividade 1: Imitación de animais da man do blogue "Entre nubes especiales".
Actividade 2: Aprendemos a articular o fonema /L/:
https://multimedia.uned.ac.cr/
Actividade 3: Denominación de palabras que conteñen o fonema /L/.
Deben intentar articular o fonema /L/ en cada unha das palabras.
Actividade 4: Vocabulario sobre conceptos básicos (grande, pequeno, mediano, enriba, debaixo...), da man de "Aula Planeta TEA" e Pocoyó.
TRABALLAMOS A LINGUAXE
Mestra de Audición e Linguaxe (Laura) 12/05/2020
Para esta semana propóñovos as seguintes actividades:
Actividade 1: Discriminación auditiva de sons de animais, algún das onomatopeias poden intentar imitalas.
Actividade 2: Aprendemos a articular o fonema /f/:

Actividade 3: Denominación de palabras que conteñen o fonema /f/.
Deben intentar articular o fonema /f/ en cada unha das palabras, podemos axudarlle recordándolle a posición da boca, os dentes de arriba sobre o beizo inferior.
Actividade 4: Canción "fun ao mercado".
TRABALLAMOS AS SECUENCIAS:
TRABALLAMOS A LINGUAXE
Mestra de Audición e Linguaxe (Laura) 05/05/2020
Para esta semana propóñovos as seguintes actividades:
Actividade 1: Discriminación auditiva de sons da natureza.
Actividade 2: Conto do fonema /z/
- "Las divertidas aventuras de las letras. La Z":
Actividade 3: Denominación de palabras que conteñen o fonema /z/.
Deben intentar articular o fonema /z/ en cada unha das palabras, podemos axudarlle recordándolle a posición da boca, na cal a lingua debe saír entre os dentes.
Actividade 4: Vocabulario de primavera.
Deben intentar repetir cada palabra.
ACTIVIDADES DE RESPIRACIÓN E SOPRO:
- Inspirar lentamente
o aire polo nariz e retelo
durante uns instantes, logo expulsalo lentamente pola boca. Repetir o exercicio tres veces.
- Elaboración
do voso propio xogo de forma caseira para
practicar o sopro . Damoslle as grazas a Lucía estudante de terceiro de
educación infantil da escola de maxisterio de Santiago por compartilo. ( Preme no enlace )
XOGAMOS A ADIVIÑAR QUEN É QUEN?
Profesións:
xogo educativo para nenos.
Relacionar las profesiones con las herramientas más representativas de cada una de ellas.
TRABALLAMOS A LINGUAXE 28/04/2020
Para esta semana propóñovos as seguintes actividades:
Actividade 1: Discriminación auditiva de sons do corpo humano.
Actividade 2: Cancións do fonema /s/
- "Sésamo: Elmo y la letra S":
Actividade 3: Denominación de palabras que conteñen o fonema /s/.
Deben intentar articular o fonema /s/ en cada unha das palabras, podemos axudarlle recordándolle a posición da boca esaxerando o son /ssss/.
Actividade 4: Actividade interactiva de vocabulario e comprensión verbal "Vestímonos" da man do blogue "Creando en especial".
https://creandoenespecial.
RIMA: LIBÉLULA LILA
De Tamara Chubarovsky . Tradución ao galego: Raquel Penin.
Libélula lila
Libélula lila,
Libélula azul,
Libélula violeta,
Eres muy coqueta.
Libélula lila,
Libélula azul,
Libélula violeta,
Eres pizpireta.
Libélula lila (GALEGO)
Libélula lila,
Libélula azul,
Libélula violeta,
Ti es moi coqueta.
Libélula lila ,
Libélula azul,
Libélula violeta,
Ti es pipereta.
1- Primeiro ollade una vez o video.
2 -Logo decidides con mamá,
papá … ou calquera outro membro da familia ,
a lingua na que queredes aprender a rima.( Nas aulas fariamolo en
galego).
3- Apredemos a rima, pouco a
pouco practicando durante o tempo que
necesite cada neno/a.
4-Xa estamos listos para ollar
o video e intentar facer os movementos das mans.
5- Facelo tantas veces como
queirades ,as mestras estamos seguras
que vos vai sair moi ben.
(Esta rima sería para
traballar durante 3 ou 4 semanas)
UNHA GRAN APERTA PARA TODOS.
Xogo que nos pemitirá desenvolver a linguaxe oral.
Vexo, vexo.
Este xogo clásico ensina aos nenos a describir cousas e axúdalles a desenvolver
vocabulario. O menor (ou o adulto) elixe un obxecto que está á vista e comeza a
dar pistas, incluída a súa cor, a letra desde a que comeza ou a súa situación.
O turno remata cando o outro xogador adiviña de que se trata. Podedes utilizar
as diferentes dependencias da casa ,un día a cociña outro o baño..... ata
rematar co que ollamos pola fiestra de cada dependencia ,segundo a imaxinación
de cada un.
MOITO ÁNIMO!!!
PRAXIAS
Exercicios
de praxias linguais e movementos orofacias para conseguir unha mellor
vocalización nos nen@s (preme nos enlaces).
Para practicar toda a famila,as mestras estamos seguras de
que vos sairá moi ben .
Moito ánimo!!!!!!!
TRABALLAMOS A LINGUAXE 22/04/20
Son Laura, a mestra de Audición e Linguaxe do cole, cada semana propoñereivos algunha actividade para traballar a linguaxe dun xeito divertido e en familia.
Actividade 1: Discriminación auditiva de sons do fogar.
Trátase de que escoiten con atención e intenten adiviñar que está sonando ou con que se está facendo un determinado son, neste caso do fogar. Algún son poden intentar imitalo.
Actividade 2: Denominación.
Trátase de que digan o nome de cada imaxe intentando articular correctamente, podemos axudarlles dándolle un modelo correcto de articulación.
Actividade 3: Conto con pictogramas "O coelliño Branco"
Actividade 4: Canción motora.
Trátase de que bailen a canción ao ritmo da música seguindo as ordes que vai dando, imitando e traballando o esquema corporal á vez que se divirten.
PRAXIAS
Exercicios de
praxias linguais e de mandíbula, para conseguir unha mellor vocalización nos
nen@s
Podedes practicar toda a famila ,
as mestras estamos seguras de que vos
sairá moi ben .
Moito ánimo!!!!!!!
TARXETAS DISPARATADAS:
ADIVIÑAS DE ANIMAIS:
XOGO DE PISTAS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario