viernes, 29 de mayo de 2020

EMOCIÓNS DE CINE

Ola familias!
Hoxe propoñémosvos unha nova actividade. O plazo para entrega é ata o 4 de XUÑO
Toda a explicación no video, non perdades detalle!!!


miércoles, 20 de mayo de 2020

CINE NA CASA

Hoxe recomendámosvos neste vídeo unha nova actividade para facer na casa. Tedes de prazo para entregala ata o próximo XOVES 28. 
MIRADE, MIRADE !!

domingo, 17 de mayo de 2020

AS NOSAS LETRAS

Hoxe, se as circunstancias o permitiran, teriamos que estar de celebración. É o Día das Letras Galegas, a festa da nosa lingua e da nosa cultura. Pero na situación actual buscamos outras maneiras de homenaxear a nosa lingua e grazas a participación de numerosas familias recollemos as palabras galegas que máis lles gustan aos nosos nenos e nenas e agora podedes mirar e escoitar con atención o seguinte vídeo, desfrutando de todas e cada unha desas palabras.



E tamén vos deixamos un xogo (un escape room para infantil) sobre as Letras Galegas e o conto adaptado de As pitas baixo a choiva, de  Carvalho Calero. Premede nas seguintes ligazóns:



viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano co fin de concienciar á poboación sobre o papel que ten a familia na educación e a formación dos fillos/as desde as idades temperás, así como aproveitar as oportunidades de aprendizaxe para as distintas etapas das súas vidas.
DISFRUTADE DESTE DÍA!!


miércoles, 6 de mayo de 2020

UN RECURSO INTERESANTE


Aquí tedes un recurso de ACTIVIDADES INTERACTIVAS, que as mestras consideramos  interesante para traballar ao longo deste terceiro trimestre, podedes facelas sen necesidade de imprimilas.
 Premede na imaxe e fixádevos na columna da esquerda onde podedes 
escoller o tema que queirades traballar. 



Agardamos que vos resulten útiles, mirádeas como un recurso a utilizar cando e como queirades.

lunes, 4 de mayo de 2020

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS



Os nenos e nenas ensínannos os seus contos favoritos



E aquí os mellores contacontos!

ALEJANDRA



NEKANE


JULIA



LUCÍA


FLORA


LIDIA E MIRIAM FALANNOS DOS SEUS CONTOS


PABLO E SÚA NAI DELEITANNOS CUNS CONTIÑOS



domingo, 3 de mayo de 2020

NOVA ACTIVIDADE

CHEGA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ... ESTADE ATENTOS AO QUE VOS PROPÓN ANA:


Ademáis os que queirades afondar e saber máis sobre a vida e obra de Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano,  podedes premer na seguinte imaxe onde atoparedes actividades en liña, documentos para imprimir dividido por niveis e outros datos de interese:

viernes, 1 de mayo de 2020

E HOXE...UNHA NOVA ENTREGA DE MAXIA ANTIVIRUS!!

Hoxe a mestra Merce, atopou un superheroe que nos  vai axudar co virus que a mestra María atrapou o outro día.... SUPERXABRÓN!!! Queredes ver como acaba con él....??? Mirade, mirade...