martes, 31 de marzo de 2020

TAREFA 1 DO MESTRE EN CORENTENA

Con esta tarefa iníciase a vídeo-historia coa que ir traballando día a día con nosos peques de educación infantil. A través da trama que se inicia neste primeiro capítulo, preténdese que as familias que estades en corentena polo Coronavirus, teñades unha base diaria para poñervos a traballar cos vosos/ as peques, con liberdade absoluta innovando baixo unha formulación aberta, sen deixar de lado o xogo, a manipulación e todo iso ben sustentado no desenvolvemento das capacidades básicas, tamén na corentena.Grazas a Diego Rincon e o seu mestre en corentena

lunes, 30 de marzo de 2020

E NESTES MOMENTOS... COMO LLE AXUDAMOS AOS NOSOS NENOS E NENAS?


Ola de novo familias. 

A situación que todos estamos a vivir non é sinxela de xestionar a nivel emocional, nin para nós como adultos nin para os nosos pequenos e pequenas. Por iso dende o equipo de infantil consideramos que podería resultar de interese esta información de Álvaro Bilbao, neuropsicólogo e escritor de libros como "El cerebro de los niños explicado a los padres", que se recolle no seguinte video.   COMO CUIDAR LA SALUD MENTAL DE LOS NIÑOS

Desexamos que vos sirva de axuda!!

Recordade que un día máis é un día menos. ÁNIMO!!!

domingo, 29 de marzo de 2020

SAÚDOS DE CUARENTENA

Ola familias!

Como os nen@s levan un tempo sen verse e seguro que botan de menos aos seus compis, se queredes, de forma voluntaria, podedes subir ao blog vídeos onde os nen@s saúden, conten o que están facendo nestes días aos demais, ... para que así leven mellor a espera e pensamos que lles pode  facer moita ilusión. 

Así que 3,2, 1... ACCIÓN!   Ánimo e a rodar!


Poderes enviar os vídeos ao correo da vosa aula ou a agromuinoinf@gmail.com e nós subirémolos a este blog. 


REVISADE TAMÉN AS PESTAÑAS DO ENCABEZAMENTO DO BLOG ONDE FOMOS SUBINDO NOVOS RECURSOS E ACTIVIDADES.

sábado, 21 de marzo de 2020

REABRIMOS O BLOG

Estimadas familias:

   Despois desta primeira semana de confinamento por mor do COVID-19, retomamos a actividade deste blog de infantil coa finalidade de poñer ao alcance todas as familias un banco de recursos para facilitarvos o día a día cos vosos/as fillos/as  e que ademais favorecerán a continuidade das rutinas nestes días excepcionais. Nos vindeiros días iremos publicando máis recursos, así que.......  estade atentos!

   Estas recomendacións xerais deben ser entendidas como actividades voluntarias. 
  • Estimulación de hábitos que melloren a súa autonomía persoal en canto a hixiene (lavar as mans, cepillar os dentes,...), vestido (vestirse só, ordenar a roupa,...) e comida (comer sós, alimentación saudable,...)
  • Colaboración naquelas tarefas domésticas que son axeitadas á súa idade (recoller xoguetes, poñer a mesa, varrer ou limpar, facer receitas de cociña sinxelas, colaborar na elaboración da lista da compra, ....)
  • Xogos en familia: cantar, bailar, xogos de mesa (parchís, oca, dominó, xogos de memoria, quen é quen?, ....), facer figuras con origami, facer experimentos, contar chistes e adiviñas, teatro, xogo do tesouro, crebacabezas, construccións,.. Para atopar recursos en galego podedes utilizar orellapendella  e tamén XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS PARA TEMPO DE RECOLLIDA
                                                                        
Outras actividades que podedes levar a cabo son:
  • Creación de xoguetes con materiais de reciclaxe: tambor, tres en raia, slime, etc
  • Decoración de camisetas con debuxos orixinais.
  • Elaboración de figuras con plastilina.
  • Sesións de contacontos.
  • Facer exercicio físico: saltar, estirar, dar volteretas, subir e baixar escaleiras,....
  • Ver unha película en familia e logo falar sobre ela, facer un debuxo,....
  • Aproveitamento das novas tecnoloxías (sempre con moderación):                                                         O buho Boo (xogos educativos para bebés e infantil)                                                            Cristic  Xogos educativos online para infantil e primaria                                                   Xogos infantiles PUM! (online e gratis)                                                                                  Bee-Bot Emulador. Terapin Logo.                                                                        Cokitos.
  • Televisión: Clan lanza Educlan 3 a 5 anos, onde podedes atopar videos sobre as principais áreas curriculares, webs, apps e televisións conectadas.
  • Aulas Galegas páxina creada por profesorado (por mor da situación de aillamento)  para atopar recursos e materiais educativos en galego.

   Debemos lembrar que o noso alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando unha situación de estrés transitoria, polo tanto, debemos permitirlles facer as cousas cun ritmo persoal e tranquilo.
   Desexamos que pasedes estes duros momentos da mellor maneira posible e que poidamos volver axiña á normalidade. Coidádevos moito e xa sabedes : 
QUEDADE NA CASA